A resistencia palestina libera 11 localidades ocupadas por Israel

Os combates entre a residencia palestina e a Estado de Israel endurécense. Os bombardeos da aviación sionista sobre Gaza provocaron hoxe máis de 200  mortes entre a poboación de Palestina.

F71EH_QXwAAr--x
photo_camera Localidades liberadas pola resistencia palestina. (Foto:@bcarloscarvalho).

A información que achegan as diversas axencias de noticias sobre a situación en Palestina é contraditoria. Mentres a maioría dos países árabes, China e Rusia reclaman unha solución negociada ao conflito, Estados Unidos e a Unión Europea apoian os bombardeos de Israel sobre Gaza e néganlle lexitimidade ao dereito dos palestinos a defenderse fronte a agresión estranxeira.

O operativo de hoxe faise efectivo após un ano de intensas agresións de Israel contra Palestina. Sen ir máis lonxe, a última escalada de tensión produciuse hai menos dun mes, cando unha protesta na fronteira acabou coa morte de cinco palestinos e con máis de 20 manifestantes feridos.

O estado dos combates

Os xornalistas independentes avanzan combates en diversos puntos de Israel. Así, o xornalista portugués e colaborador de Nós Diario, Bruno Carvalho, sinala nas súas redes sociais que arredor de 11 cidades ocupadas polos sionistas foron liberadas polas milicias palestinas.

Carvalho afirma que “a resistencia palestina está a destruír con escavadoras o muro construído por Israel ao redor da faixa de Gaza e está a usar drones para atacar o exército israelita”.

Scott Ritter

O especialista estadounidense en política internacional en temas de defensa, Scott Ritter, avanzou que a resistencia palestina retén centos de militares israelitas e destacados mandos do seu Exército.

Ritter sinala entre os altos oficiais retidos ao xeneral Nimrod Aloni, xefe da tristemente celebre división Gaza. Actualmente, dirixía un operativo destinado a intervir na área da Gaza a través das forzas especiais.

O analista estadounidense afirma que “esta operación está extraordinariamente ben planificada e executada. Calquera idea de que Israel poderá conter este ataque en breve está equivocada. Israel non anticipou nada deste alcance e escala. É un fracaso masivo de intelixencia para Israel e un éxito operativo igualmente impresionante para Hamas”.

Goberno de Israel

Os ataques de hoxe de Israel contra os territorios de Gaza de Cisxordania deixaron arredor de 200 civís palestinos asasinados e preto de 2000 feridos. Ao tempo, os combates en Israel provocaron máis de 140 mortes.

O Goberno de Israel recoñeceu a perda de ducias de militares, algúns dos cales atópanse xa retidos en Gaza. Asemade, confirma que neste momento as súas forzas armadas combaten cos milicianos palestinos en 22 localidades do Estado sionista.       

Comentarios