As presidenciais en Portugal serán o 24 de xaneiro

Cavaco Silva anunciou a data através do portal web da Presidencia da República.

Cavaco Silva e Passos Coelho
photo_camera Cavaco Silva e Passos Coelho

Mentres se mantén a incertidume a respeito dun goberno de xestión en Portugal, o presidente da República, Anibal Cavaco Silva vén de dar a coñecer a data na que terán lugar os comicios presidenciais. Será o 24 de xaneiro de 2016. 

Nun sucinto comunicado, a Presidencia dá conta da sinatura do decreto de convocatoria. Entrementres, Cavaco Silva deberá resolver a cuestión gobernamental e indixitar novo primeiro ministro. Nas últimas declaracións públicas, o presidente portugués deixou caer a posibilidade de que sexa nomeado un goberno de xestión que ficaría en mans da dereita e de Pedro Passos Coelho, embora non contar con maioría na Asemblea da República e existir un acordo de goberno entre as forzas da oposición, PS, BE e PCP. 

Comentarios