O partido de Macron denuncia un “pirateo masivo e coordinado” de documentación

En Marcha di que é un intento de “desestabilizar” as eleccións francesas como, engade “xa aconteceu en Estados Unidos”.

macron
photo_camera macron

En Marcha, o movemento fundado polo candidato á presidencia francesa Emmanuel Macron, denunciou ser albo dun “pirateo masivo e coordinado” que afecta a documentación e información interna da organización, que foi difundida en movementos sociais. A través dun comunicado, En Marcha explica que arquivos internos foron pirateados nestas semanas a través do ‘hackeo’ de enderezos de correos persoais e profesionais de dirixentes desta organización.

Para En Marcha, a intención dos responsábeis deste ataque é o de “desestabilizar as eleccións presidenciais francesas”, no camiño d que “xa se veu en Estados Unidos na última campaña”.

Desde o entorno de En Marcha apúntase as ‘hackers’ rusos como responsábeis do pirateo, abondando así na idea de situar Rusia como un actor que está a interferir en procesos electorais doutros estados. 

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios