xoves 05/08/21

O papel do Supremo após o estado de alarma provoca un conflito polos dereitos fundamentais

Os distintos territorios xa empezan a dar mostras da disparidade de criterios para controlar a expansión do virus unha vez finalice o estado de alarma. Os tribunais de Catalunya, Baleares ou a Comunidade Valenciana avalan unhas prohibicións que vetan os de Euskadi.
Un estabelecemento de hostalaría durante o estado de alarma. (Foto: Europa Press)
Un estabelecemento de hostalaría durante o estado de alarma. (Foto: Europa Press)

O alto tribunal xa alertou onte da posibilidade de que xurdiran problemas por ter nas súas mans as decisións finais sobre as medidas restritivas que impoñan os distintos territorios do Estado. Tan só un día despois saen á luz os diferentes criterios, que van distinguir á poboación do Estado español.

A fin do estado de alarma, decretado polo Goberno español hai seis meses, fía ás administracións de cada zona as responsabilidades sobre o control da expansión da pandemia. Porén, o Estado aprobou un decreto-lei que apunta ás consultas ao Supremo en caso de dúbida.

Pero se o Tribunal Supremo xa dubidaba esta quinta feira do seu papel neste contexto, a medida que se achega o día 9, este domingo, as dúbidas son maiores e dáse un conflito pola posibilidade de que se restrinxan dereitos fundamentais.

Sen ir máis lonxe, en Euskadi o Tribunal Superior de Xustiza alertou hoxe de que non poden manter “confinamentos autonómicos ou municipais, o toque de queda nocturno nin o límite de agrupacións de catro persoas despois do fin do estado de alarma o 9 de maio, ao considerar que afecta a dereitos fundamentais garantidos na Constitución”.

O da Comunidade Valenciana, así como os de Catalunya e as Illas Baleares, permitiron as limitacións na mobilidade nocturna e nas reunións sociais. E outras zonas apostaron na apertura das fronteiras e en ter máis permisividade.

A casación 'expres' marcouse coa idea de homoxeneizar a disparidade de criterios pero tamén o Supremo considera que hai unha insuficiencia de rango. Pero os primeiros resultados dos tribunais territoriais están a amosar que vai haber problemas respecto dos dereitos fundamentais.

Sen atender a estas cuestións, o Goberno do Estado español continúa adiante coa súa decisión e prevénse máis tramitacións xudiciais das estratexias de control a partir de agora.

O dicía o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, hai uns días, pero o afirmaba onte o gabinete técnico do Supremo, que se queixaba do inminente incremento das causas. Unhas causas que van ter un tempo límite de resolución menor ao habitual e que non van implicar o incremento de persoal para facer os trámites.

comentarios