A sede, en Copenhague

ONU Viva-Museo para a Humanidade

A ONU contará cun museo en Copenhague co obxectivo de reflectir os valores das Nacións Unidas e funcionar tamén como un centro de produción de contidos.

ONU Viva-Museo para a Humanidade
photo_camera Imaxe da capa da web ONU Viva-Museo para a Humanidade

O 24 de outubro de 1945 entrou en vigor a Carta das Nacións Unidas. Coa ratificación dese documento fundacional da maioría dos signatarios, incluídos os cinco membros permanentes do Consello de Seguranza, a ONU entrou oficialmente en vigor

Agora, no día en que as Nacións Unidas completan 71 anos, o secretario-xeral da ONU anuncia a creación do Museo da ONU. Unha nota divulgada polo voceiro de Ban Ki-moon neste 24 de outubro explica que a sede do novo museo global estará en Copenhague, na Dinamarca.

A sede do museo estará en en Copenhague, na Dinamarca, e pretende facer o traballo da UNU máis coñecido do público

A idea é mostrar ao público o traballo e os valores das Nacións Unidas. Ban agradeceu ao goberno danés o apoio e resalta que o proxecto fará que o traballo da ONU fique aínda máis accesíbel ao público en xeral.

Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel

O secretario xeral cre que o museo axudará tamén a aumentar a concienciación sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel e sobre os esforzos da organización para construír un futuro mellor para todos.

O sitio web oficial do proxecto ONU Viva-Museo para a Humanidade xa trae algúns detalles da novidade: a plataforma online será a presenza dixital do museo, onde os internautas poderán explorar cuestións humanas e universais.

Canto ao edificio do museo, en Copenhague, terá a meta de "reflectir os valores das Nacións Unidas", funcionando tamén como un centro de produción de contidos.

Aplicación para móbil

Xunto coa idea do museo avanzouse outra idea para celebrar o Día da ONU: unha aplicación para móbil,

O aplicativo UN Visitor Centre-NY está dispoñíbel na App Store, no Google Play e na Amazon.gratuíta,

mostrando máis de 65 obras de arte e elementos arquitectónicos expostos na sede da organización en Nova York.

Impacto da ONU en Nova York

Para celebrar o aniversario das Nacións Unidas, o alcalde de Nova York proclamou o 24 de outubro como o Día da ONU na cidade.

Segundo Bill de Blasio, este é un recoñecemento "polo impacto que a ONU ten xerado non só en Nova York, mais tamén no mundo". 


A sede da organización foi construída durante os anos 1949 a 1951 e  inaugurada en 1952. O solar foi comprado ao principal construtor neoiorquino da época, William Zeckendorf e a compra foi ordenada por Nelson Rockefeller, despois do inicial ofrecemento de situala na propiedade da familia Rockefeller de Kykuit, rexeitado ao considerar que se atopaba demasiado afastada de Manhattan. Os oito millóns e medio de dólares da compra dos terreos foron financiados polo seu pai John D. Rockefeller, Jr., que os doou á cidade. O arquitecto director do complexo foi Wallace Harrison, o asesor-arquitecto da familia.

A selección do Arquitecto

Aínda que o normal para construcións desta envergadura sexa convocar un concurso internacional este non foi o caso da sede das Nacións Unidas. O arquitecto norteamericano Wallace Harrison foi nomeado director de planificación nun Consello conformado por N.D. Bassov da Unión Soviética, Gaston Brunfaut (Bélxica), Ernest Cormier (Canadá), Le Corbusier (Franza), Liang Ssu-cheng (China), Sven Markelius (Suecia), Óscar Niemeyer (Brasil), Howard Robertson (Reino Unido), G.A. Soilleux (Australia) e Julio Villamajo (Uruguai).

Cada arquitecto presentou polo menos unha proposta sobre a cal logo se traballaría en conxunto para terminar de perfilar. O comité estudou máis de 50 propostas antes de escoller a gañadora.

Le Corbusier e Jeanneret pretenderon desde o principio impor o seu deseño ao dos demais. O seu renome internacional dáballes certa vantaxe sobre os outros competidores.

Foi Óscar Niemeyer, discípulo de Le Corbusier, quen plantou cara ao francés presentando un proxecto que deixou encantados a todos os membros da comisión. Le Corbusier non podía aceptar que fose o seu propio discípulo quen lle arrebatase o proxecto, así que aí apareceu a man esquerda de Wallace Harrison, que convenceu Le Corbusier de que o proxecto de Niemeyer non era máis que unha interpretación do seu propio proxecto e que o resultado non era nin máis nin menos que o do alumno emulando o mestre aínda anos despois de se independizar profesionalmente.

Esta idea pareceu acougar os ánimos do francés aínda que seguiu promovendo o seu proxecto durante a fase de creación colaborativa dando lugar a que finalmente se diga que o proxecto definitivo é o "Scheme 23A", que non era senón o proxecto de Le Corbusier, mais coas "modificacións" de Niemeyer. 

Comentarios