O expresidente de Caja Madrid sae do cárcere en menos de 24 horas após pagar 2,5 millóns de fianza

En menos de 24 horas, o expresidente de Caja Madrid, Miguel Blesa entrou e saíu do cárcere de Soto del Real, após os seus avogados depositaron a fianza de 2,5 millóns que o xuíz demandaba. 

Miguel Blesa
photo_camera Miguel Blesa

Menos de un día despois de ter entrado en prisión, a foto de Miguel Blesa saíndo de Soto del Real encende a opinión pública ao permitirse de novo estar libre despois de ter pagado 2,5 millóns de fianza. 

Os acontecementos sucedéronse con inusitada rapidez. O encarceramento de Blesa por delito societario, apropiación indebida e falsidade de documento público levou a que o goberno se gabara da igualdade de todo o mundo diante da xustiza. Poucas horas despois, a posibilidade de Blesa de xuntar en tan pouco tempo os 2,5 millóns de euros que lle permiten saír do cárcere levantan de novo ampolas, ao ter depositado o banqueiro de Caja Madrid a fianza, despois de estar acusado de provocar un buraco de 500 millóns na entidade da que, en menos de tres anos recibiu 12,4 millóns ao ser substituído no cargo por Rodrigo Rato. 

Despois de Mario Conde que atravesou a porta do cárcere hai vinte anos, Blesa é o primeiro banqueiro que entra en prisión a resultas dos efectos da compra hai cinco anos do City Bank de Florida que contribuíu a afundir Caja Madrid co buraco de 500 euros. 

Comentarios