“Non nos renderemos”: indignación no soberanismo catalá

ERC, PDECat e CUP chaman a se mobilizar contra unha decisión inxusta.

catalunya

Indignación no soberanismo catalá pola decisión de mandar a prisión a nove consellers da Generalitat, acusados de rebelión e sedición. ERC, PDCat, CUP e Catalunya en Comú rexeitan a decisión.

ERC

Marta Rovira, secretario xeral de ERC, afirma que a decisión de mandar a prisión “advirte e interpela a todos os demócratas”. Lembra que sindicalistas ou activistas pasaron por este tipo de situacións porque o Estado “ataca a calquera que non lle guste como pensa”. Ademais, Rovira advirte que “non nos renderemos” e que “loitaremos até o final”.

PDECat

“Estamos desolados”, afirmou Marta Pascal, que critica que se encarcere o “Govern de Catalunya democraticamente escollido”. A coordenadora xeral do PDECat chamou a mobilizarse pola liberdade dos detidos.

CUP

A deputada da CUP Gabriela Serra cargou duramente contra a prisión para estas pe4rsoas. “O goberno de Rajoy e o Estado con todos os seus instrumentos pensan que nos derrotaron e non saben que non nos derrotaron”. Serra asegura que o Estado amosa a súa faciana “máis represiva e antidemocrática”, amosando ademais que “non coñece o pobo de Catalunya”.

Ada Colau fala de “presos políticos”

Ada Colau insta a unha "fronte común" pola liberdade dos “presos políticos”, asegurando que “hoxe é un día negro para Catalunya”. Carme Forcarell, de por parte, afirma que a decisión da AN é “inxusta e indecente”.

Alcalde de Terrassa dimite

O alcalde de Terrassa dimite como alcalde e racha o carné do PSC polo apoio desten partido ao 155. Jordi Ballart di que o PSC perdeu hai tempo os valores de esuqerda e que o apoio ao artigo 15 é a pinga que reborda o vaso".