Multitudinarias mobilizacións contra Rousseff no Brasil

Exixen a saída da presidenta após os casos de corrupción que salfiren o seu executivo.

alx_protesto-20150412-76-1_original
photo_camera Cartaces de 'Fora Dilma' presidiron as manifestacións

Por volta de 2 millóns de persoas, as cifras varían entre os perto de 3 millóns dalgúns medios locais e 1,4 das autoridades policiais, saíron este domingo ás rúas do Brasil para exixir a demisión da presidenta Dilma Rousseff polos casos de corrupción que atinxen o seu executivo e que, nas últimas semanas, focaron a atención no ex-presidente, Lula Da Silva

As mobilizacións tiveron lugar en até 200 cidades do país situándose como as máis multitudinarias da historia. As persoas que saíron ás rúas fixérono din para amosar o seu apoio á xustiza que investiga a corrupción na Petrobras. 

Porén, o ámbiente político no Brasil atópase polarizado entre as persoas que apoian o goberno e as que reclaman a saída da presidenta cuxa vitoria electoral nas últimas presidenciais foi por tan só un punto. 
 

Comentarios