MORRE HUGO CHÁVEZ

O movemento bolivariano está pronto para atuar ante calquer tipo de eventualidade nas primeiras horas posteriores ao falecimento de Hugo Chávez. Non por acaso Nicolás Maduro convocou onte unha reunión co Exército, cuxos mandos se manteñen fieis á Revolución.

A cúpula dirixente confirmou Maduro como novo líder e presidente, embora parte dos cadros militares preferiren Diosdado Cabello, presidente da Asemblea Nacional e tamén militar. Maduro alertou onte contra unha hipotética intervención estranxeira alentada pola dereita contrarrevolucionaria. Tamén dixo ter dados de o cancro de Chávez ter sido provocado por algún tipo de arma biolóxica empregue polos que cualificou como "inimigos" de Venezuela.

Foi o vicepresidente Nicolás Maduro que, onte á noite, hora galega, confirmou a noticia do falecimento do presidente bolivariano. Fíxoo despois de ter atribuído a súa enfermidade aos "inimigos" de Venezuela, en clara alusión ao Imperio norteamericano e á oigarquía venezolana, e após ter chamado aos sectores sociais que apoian a Revolución a se preparar para unha eventual intervención estranxeira e/ou un golpe contrarrevolucionario. As forzas militares e políticas bolivarianas áchanse en estado de máxima alerta.

O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, morreu esta terza feira no hospital de Caracas, onde ficaba ingresado desde hai dúas semanas aqueixado dunha infección respiratoria que sobreveu após se operar por cuarta vez dun cancro hai tres meses.

Así o confirmou o vicepresidente do goberno bolivariano, Nicolás Maduro, após ter atribuído a súa enfermidade aos "inimigos" de Venezuela, en clara alusión ao Imperio norteamericano e á oligarquía venezolana, e após ter chamado aos sectores sociais que apoian a Revolución a se preparar para unha eventual intervención estranxeira.

 "Imos ser dignos herdeiros dun home xigante, como foi e como sempre será no recordo o comandante Chávez", sinalou Maduro nun discurso televisado pola canle nacional que pronunciou visíbelmente afectado polo acontecido.

Após máis de ano e medio de loita contra un cancro que lle sobreveu na zona pélvica, o mandatario bolivariano faleceu por volta das catro e media da tarde hora local, as dez da noite na Galiza. Maduro ordenou o despregamento dun dispositivo militar e policial especial "para garantir a paz" e para "acompañar e protexer o noso pobo".

Cronoloxía de catro maiorías absolutas 

Hugo Chávez Frías naceu en 1954 foi presidente da República bolivariana de Venezuela desde o 2 de febreiro de 1999. Ingresou no exército nacional en 1971, cando contaba 18 anos, e aos poucos foi agromando nel un interese pola política que desembocou en 1982 na creación do Movemento bolivariano revolucionario 200 no medio dunha crise económica e social que derivou no chamado Caracazo contra o goberno de Carlos Andrés Pérez. Corría o ano 1989.

O 6 de decembro de 1998 presentouse aos comicios presidenciais e venceu con case o 60% dos votos. Avogou por derrogar a constitución de Venezuela de 1961 e impulsar un referendo constituínte que foi aproiado por máis do 80% do pobo venezolano.

Nun segundo referendo ficou avalada a nova constitución, de 1999, co 72% dos apoios. En 2002 un golpe de estado argallado contra el apartouno da presidencia durante 48 horas, transcorridas as cales unha revolución civil e militar leal ao mandatario devolveuno á súa cadeira no palacio de Miraflores. Eses dous días detentou o cargo o industrial e presidente da patronal Pedro Carmona.

As eleccións do 3 de decembro de 2006, para o periodo 2007-2013, gañounas con máis do 64% dos votos. Promete que será nacionalizado "todo o que foi privatizado". O 15 de febreiro de 2009 saíu aprobada en referendo e tamén cun apoio moi importante da cidadanía a reelección ilimitada, que permitiría a Chávez presentarse máis unha vez aos comicios, en 2012.

O dez de xuño de 2011 sométese á primeira operación polo tumor detectado na zona pélvica. Dez días despois opérano outra vez. En febreiro de 2012 será a terceira vez, só uns meses antes de gañar nas urnas máis un mandato á fronte de Venezuela, nos comicios do 7 de outubro. O 16 de decembro, nas eleccións por territorios, o chavismo vence en 20 dos 23 estados. 

Comentarios