Michigan permite a Donald Trump presentarse ás eleccións presidenciais

A decisión de Colorado, en mans do Supremo.
O ex presidente estadounidense Donald Trump en Michigan. (Foto: Scott Hasse / ZUMA Wire / DPA)
photo_camera O ex presidente estadounidense Donald Trump en Michigan. (Foto: Scott Hasse / ZUMA Wire / DPA)

O Tribunal Supremo do Estado estadounidense de Michigan sentenciou hoxe que o ex presidente entre 2017 e 2021, Donald Trump, pode participar nas primarias no territorio, así como nos comicios presidenciais de 2024 se finalmente é designado candidato polo Partido Republicano.

A corte non entrou a valorar se Trump é responsábel de participar nunha insurrección, en referencia ao intento de golpe de Estado a comezos de 2021 no lexislativo, cinguíndose a desbotar a acusación por motivos de procedemento. Unha condena por insurrección é a única vía legal no país que pode impedir que unha persoa se presente ás votacións.

A pasada semana, o Supremo de Colorado emitiu un veredicto no que constata que o ex mandatario incorreu nunha insurrección, que xa foi apelado e que está pendente da decisión final do Tribunal Supremo federal. Aínda que Trump non precisa da vitoria en Colorado para imporse nas eleccións presidenciais, o veredicto pode impulsar as demandas neste sentido que foron rexistradas en máis dunha ducia de Estados.

Comentarios