Crimea: o 96,6% votou pola adhesión a Rusia

O 96,6% d@s crime@s que tomaron parte na consulta deste domingo escolleron a cédula de votación da adhesión a Rusia. Un resultado contundente que avala unha alta participación (82,7%). EUA e UE reiteraron que non recoñecen os resultados e que imporán sacións. O goberno crimeo pedirá esta segunda a adhesión á Federación rusa.

crimea
photo_camera Foto: Naiz

O 96,6% d@s crime@s votaron a prol de volver formar parte de Rusia, de quen @s afastara hai 60 anos (1954) unha decisión arbitraria de Krushev. Esta mesma segunda feira o goberno de Crimea vai pedir a adhesión á Federación Rusa. Ao se coñecer os resultados, as celebracións estendéronse por boa parte de Crimea, con epicentro na súa capital, Simferopol, na Praza Lenine. 

Máis do 82% dos habitantes de Crimea con dereito a votar na consulta sobre o futuro desta península exerceron ese dereito. Unha porcentaxe superior mesmo ás previsións manexadas pola organización (falaban dun 70%). SMijaíl Malyshev, presidente da Comisión organizadora, destacou a normalidade e tranquilidade con que decorreru a xornada..

A Praza Leline, en Simferopol, foi o epicentro das celebracións cidadás do resultado

Enquisas a pé de urna citadas por Russia Today falaban dun 93% de apoio á escolla pro-rusa. Outros medios, máis cautos, rebaixaban esa porcentaxe, mais recoñecen que a vitoria pro-rusa ía ser incontestábel e rotunda. Os resultados definitivos superaron os dados: 96,6% a prol de retornar a Rusia. Crimea déitase ucraína e acorda rusa. 

Occidente non recoñece a consulta

Malia un millón de persoas participar nesta consulta, nin EUA nin a UE recoñecen o referendo, ao que teiman en cualificar de ilegal. Un posicionamento que quixeron que saíase adiante no Consello de Seguridade da ONU e que non foi posíbel polo veto de Rusia.

Desde as seta da mañá e até as sete do serán estiveron abertos os 1.205 colexios electorais. O primeiro ministro crimeo, Serguéi Aksiónov, foi dos primeiros en votar. Medios, analistas internacionais, chancelarías occidentais.. daban por feito que o resultado vai ser favorábel a que Crimea volva a Rusia. O último censo elaborado (de 2001) sinala que nesta península o 59% dos habitantes son rus@s, por un 24% de ucraín@s e un 12% de tártar@s. Representantes destes últimos, a minoría tártara, chamaron a non votar e boicotar a consulta.

Ampla cobertura

Máis de 600 xornalistas de 170 medios de comunicación estaban acreditados para cubrir esta consulta. Para verificar que a mesma decorrese con normalidade houbo 135 observadores de 23 países.

Comentarios