Junts retira a exixencia de restituir o vicepresidente Puigneró das negociacións con ERC

A última proposta de Junts foi enviada onte á noite.
Jordi Puigneró e Laura Borràs. (Foto: Europa Press)
photo_camera Jordi Puigneró e Laura Borràs. (Foto: Europa Press)

Junts non reclamará a restitución de Jordi Puigneró como vicepresidente da Generalitat nas negociacións co presidente, Pere Aragonès, para reconducir a crise de goberno.

Segundo explicou nunha entrevista en Catalunya Ràdio a presidenta da formación soberanistaLaura Borràs, a última proposta enviada xa non inclúe esta petición. "O propio Puigneró pediunos que non quería ser ningún obstáculo na posible negociación", dixo. El mesmo o confirmou nunha entrevista en RAC1.

A última proposta de Junts foi enviada onte á noite, despois dunha reunión entre Aragonès e o secretario xeral do partido, Jordi Turull. Na súa entrevista, Borràs volveu negar que pór sobre a mesa a posibilidade unha cuestión de confianza sexa unha deslealdade. "Non é desleal conseguir votos que che fan presidente e ir en dirección contraria?", preguntou.

Esta mañá a executiva de Junts reunirase coas novidades sobre a negociación e, posteriormente, decidirase a pregunta da consulta á militancia, que decorrerá os días 6 e 7 de outubro. O partido xa convocou unha conferencia de prensa na que a anunciará, aínda que non determinou a hora porque a executiva podería estenderse no tempo.

División no Govern

A decisión de Pere Aragonès de cesar o vicepresidente Jordi Puigneró, ao entender como “deslealdade” que este non non lle comunicase a intención de Junts de presentar unha moción de confianza, motivou a división do Govern.

Os dous partidos que dirixen en coalición Catalunya, ERC e Junts, levan varios días negociando para evitar a ruptura definitiva do acordo de goberno.

Durante o debate de política xeral da pasada semana, o presidente de Generalitat manifestou que "se alguén tiver que tomar decisións, que as tome", nunha alusión indirecta ao debate no seo de Junts sobre a posibilidade de saír do Goberno por desacordos sobre que pasos dar no proceso independentista.

Comentarios