[VÍDEO] Junts dá dous días a Aragonès para rectificar o cese do vicepresidente do Govern, Jordi Puigneró

A consulta á militancia de Junts terá lugar o 6 e 7 de outubro.
Jordi Turull e Laura Borràs. (Foto: Europa Press)
photo_camera Jordi Turull e Laura Borràs. (Foto: Europa Press)

A presidenta de Junts per Catalunya, Laura Borràs, e o secretario xeral da formación, Jordi Turull, anunciaron esta quinta feira que o president da Generalitat, Pere Aragonès, ten dous días para rectificar o cese do seu vicepresidente, Jordi Puigneró, antes de que Junts faga unha consulta interna a súa militancia para decidir se abandona o Goberno catalán.

Os integrantes da executiva nacional mantiveron unha reunión extraordinaria na mañá de hoxe despois de que Aragonès anunciase a destitución do vicepresidente e conselleiro de Políticas Dixitais e Territorio na última hora de onte.

Neste sentido, o president da Generalit xustificara esa decisión no feito de que Puigneró non lle comunicase a intención de Junts de presentar unha moción de confianza contra o dirixente de ERC. En canro a Junts, xa anunciou que non proporá ningún nome para substituír o vicepresidente.

A consulta á militancia de Junts terá lugar o 6 e 7 de outubro, anunciaron Borràs e Turull.

Comentarios