Israel bombardea Gaza e bloquea Cisxordania para punir n@s palestin@s a morte de 3 mozos israelíes

A aviación militar israelí atacou 34 ‘’obxectivos’’ e os soldados mataron a un mozo de 18 anos en Cisxornadia após aparecer os cadáveres dos 3 estudiantes xudeus secuestrados hai tres semanas. 

palestina
photo_camera palestina

“Hamás é culpábel e Hamás vaino pagar”. A frase contundente pronunciouna o primeiro ministro israelí Benxamín Netanyahu após aparecer os cadáveres dos 3 mozos xudeus secuestrados hai tres semanas nas proximidades de Hebrón. E a frase cobrou vida en forma de bombardeos da aviación militar istaelí sobre Gaza e na (re)ocupación de Cisxordania. Varias persoas feridas (entre elas, nen@s) e un mozo de 18 anos morto en Ienín por disparos de soldados cando o exército entrou nesa cidade para realizar novas detencións son as primeiras consecuencias.

Nestas tres semanas de secuestro dos estudantes isrealís o exército detivo a 420 palestin@s e matou a 6, algúns deles menores de idade. A aparición dos cadáveres provocou no goberno israelí unha fervenza de ameazas e acusacións que permiten aventurar días máis difíciles aínda do habitual para a poboación palestina.

Hamas, contra a “manipulación”

Israel acusa a Hamás do asasinato dos tres israelís mais (como recoñecen mesmo os medios estadounidenses, tradicionalmente pro-Tel Aviv), non presentou nin unha soa proba. Hamás nega a súa participación (e lembra que ningunha organización palestina a reivindicou) e advirte a Israel de que se vai atacar os territorios palestinos “abriranse as portas do inferno”, unha frase habitual na resistencia palestina.

O executivo de Tel Aviv exixiu a Al Fatah que rache o seu goberno de concentración con Hamas. Polo de agora, Al Fatah négase a facelo e condena o ataque israelí. Mentres, o exército procedeu a demoler varias vivendas das familias de persoas que Israel considera culpábeis da morte dos tres estudantes e que están en busca e captura.

Os colonos, a tiros con palestin@s

Nas primeiras horas após a aparición dos cadáveres, colonos israelíes nos territorios ocupados dispararon contra palestinos en diversos puntos. Exicen “vinganza” e piden do executivo de Tel Aviv que entre “a sangue e lume” en Gaza e Cisxornadia.

Comentarios