Israel aproba por vez primeira nos últimos 20 anos construír unha nova colonia en Cisxordania

Na actualidade máis de 600.000 israelitas viven en asentamentos terreos ocupados en Cisxordania e Xerusalén leste. A nova colonia acollerá os colonos de Amona, un asentamento ilegal que foi demolido en febreiro.

palestinaaa

O goberno israelita mantén o pedal a fondo no proxecto de Palestina pasar a ser cada vez máis un simple recordo de algo que unha vez existiu e que o único que hai é o estado de Israel. Tel-Aviv vén de aprobar, por vez primeira nos últimos 20 anos, a construción dun ha nova colonia en Cisxordania. Unha decisión que mesmo desgusta o goberno de Donald Trump, que por boca dun representante da administración dos Estados Unidos recoñeceu que este tipo de resolucións “non axudan o proceso de paz”.

A nova colonia vaise destinar a acoller aos colonos que habitaban Amona, un asentamento ilegal que foi derrubado por orde do Tribunal Supremo de Israel. Así pois, o executivo compensa coa reubicación nun asentamento de nova construción en terreo palestino aos colonos que ergueron unha colonia ilegal.

A decisión foi aprobada por unanimidade polo gabinete de Seguridade de Israel. Non foi a única resolución, tamén anunciou que se van construír 2.000 novos apartamentos en asentamentos que xa estaban aprobados.

Actualmente, máis de 600.000 israelitas viven en colonias en Cisxodania e leste de Xerusalén.  Hanan Ashrawi, da OLP, xa manifestou que con esta decisión, Tel-Aviv mostra que está máis interesado en compensar e contentar os seus ultras que nun proceso de paz. 

Comentarios