Hungría avanza que bloqueará a entrada de Ucraína na UE

Inicia a reunión do Consello Europeo, a cimeira de líderes da UE.
O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, ecuatoriano, Daniel Noboa, e húngaro, Viktor Orbán, o domingo na investidura do novo mandatario arxentino, o ultradereitista Javier Milei. (Foto: Fernando Gens / DPA)
photo_camera O presidente ucraíno, Volodimir Zelenski, ecuatoriano, Daniel Noboa, e húngaro, Viktor Orbán, o domingo na investidura do novo mandatario arxentino, o ultradereitista Javier Milei. (Foto: Fernando Gens / DPA)

“A Unión Europea (UE) estase a preparar para cometer un erro terríbel e hai que impedir que o faga, incluso se 26 queren facelo e só nos opomos nós”, afirmou Viktor Orbán, primeiro ministro do Goberno de ultradereita húngaro, en relación á reunión do Consello Europeo, a cimeira de líderes do bloque comunitario que comeza mañá e na que se abordará o inicio de negociacións para a adhesión de Ucraína, recolleu hoxe o portal Mandiner. Orbán incidiu en que permitir o comezo das negociacións afectaría a credibilidade do organismo rexional, polo que reclamou “eliminar” este punto da axenda do cumio.

Ucraína e Moldova

O Executivo da UE recomendou empezar as conversas para a integración de Ucraína e Moldova a pesar de que Bruxelas exixiu a outros Estados que resolvan calquera disputa sobre as súas fronteiras antes de avanzar no proceso.

Nin Ucraína -en guerra con Rusia- nin Moldova -coa independente de facto Transnistria dentro das súas fronteiras recoñecidas internacionalmente- cumprirían esta demanda.

Ao tempo, Orbán abriu a porta a aceptar acordos en “cuestións financeiras”, no medio do debate na UE sobre como financiar unha achega de 50.000 millóns de euros a Kíiv entre 2024 e 2027, tras reiterar que o bloque comunitario debe cartos a Budapest, en alusión a 10.000 millóns de euros de fondos comunitarios conxelados.

"Non podemos gañar sen axuda"

A reunión de líderes da UE chega no peor momento para Ucraína, após non conseguir o seu presidente, Volodimir Zelenski, que o lexislativo estadounidense aprobara un novo paquete para enviar 56.000 millóns de euros en armas ao país eslavo nunha visita a Washington. “Non podemos gañar sen axuda”, recoñeceu en declaracións publicadas pola axencia ANSA.

Comentarios