Zelenski lanza unha "última súplica" a Washington para que envíe máis armas

Logo de asistir á toma de posesión do novo presidente arxentino, o ultradereitista Javier Milei, o mandatario ucraíno, Volodimir Zelenski, intervirá hoxe perante o Senado estadounidense no que a axencia Reuters definiu como “unha última súplica” para que aprobe esta semana un paquete con 56.000 millóns de euros para armar Kíiv, posto que a sexta feira remata o período de sesións do lexislativo até o vindeiro ano. Con posterioridade ten previsto reunirse co presidente do país, Joe Biden. Neste contexto, o Fondo Monetario Internacional deu luz verde á entrega de 835 millóns de euros a Ucraína mentres a Unión Europea debate se aceptar o comezo das conversas de adhesión nunha cimeira que decorrerá a quinta e sexta feira.
O presidente ucraíno Volodimir Zelenski o pasado domingo. (Foto: Presidencia de Ucraína / Europa Press / Contacto)
photo_camera O presidente ucraíno Volodimir Zelenski o pasado domingo. (Foto: Presidencia de Ucraína / Europa Press / Contacto)
Comentarios