Os países europeos da OTAN, en alarma polos arsenais baleiros

Berlín apenas ten munición para dous días de combates.

Un soldado ucraíno entra nunha trincheira en Khárkiv o sábado. (Foto: Madeleine Kelly / Europa Press / Contacto)
photo_camera Un soldado ucraíno entra nunha trincheira en Khárkiv o sábado. (Foto: Madeleine Kelly / Europa Press / Contacto)

No contexto do debate nos Estados Unidos e nos países europeos da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) arredor do financiamento e os envíos de armamento a Ucraína, o xornal The Wall Street Journal trasladou hoxe que varios Estados de Europa están alarmados polos arsenais baleiros e a debilidade dos seus Exércitos pola baixada do investimento neste ámbito nas últimas décadas.

O Reino Unido, o que máis gasta en defensa entre os membros europeos da OTAN, conta con só 150 tanques, mentres Francia ten menos de 90 pezas de artillaría pesada, o mesmo que perde cada mes o Exército ruso en Ucraína, sostén o medio, e Alemaña só ten munición para manter dous días de combates.

Ao tempo, apúntase como unha das dificultades á hora de reverter esta situación á negativa de boa parte da cidadanía destes Estados a financiar o aumento do gasto militar con recortes ás prestacións sociais.

Carsten Breuer, que encabeza o Exército alemán, admitiu ao xornal Frankfurter Allgemeine Zeitung que non poderían defender o país ou aos aliados da OTAN dun ataque militar.

Comentarios