O Executivo da UE reclama abrir negociacións para que Ucraína entre no bloque comunitario

A Comisión Europea recomendou hoxe aos Estados membros do bloque comunitario que na cimeira de xefas e xefes de Estado e de Goberno de decembro acepten abrir as negociacións de adhesión con Ucraína, admitindo que hai reformas pendentes no ámbito da protección das minorías e da loita contra a corrupción. A mesma recomendación efectuou sobre Moldova e Bosnia-Hercegovina, neste último caso condicionado aos avances nos criterios exixidos.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, hoxe.  (Foto: Christophe Licoppe / European Comm / DPA)
photo_camera A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, hoxe. (Foto: Christophe Licoppe / European Comm / DPA)
Comentarios