mércores 08.04.2020

Hospital de campaña con máis de 5.500 camas en Madrid para afectadas polo coronavirus

O exército español monta esta instalación no Ifema, o gran recinto feiral madrileño.

Hospital de campaña con máis de 5.500 camas en Madrid para afectadas polo coronavirus

O avance do coronavirus en Madrid continúa a ser crítico. Nesta rexión española concéntranse máis de 60% das persoas falecidas polo COVID-19 en todo o Estado (628 de 1002 nesta sexta feira), así como 65% das persoas ingresadas na UCI por este virus (678 en Madrid).

Uns datos que indican o grave da situación que se vive nesta zona e que levou as administracións a decidir instalar un hospital de campaña con 5.500 camas (500 delas serán de UCI) no Ifema, o recinto feiral de Madrid.

É o exército español quen está a acondicionar as instalacións. Que as administracións preparen un hospital de campaña para miles de persoas na capital española mostra até que punto a situación é grave, así como confirma que Madrid é o 'punto negro' do COVID-19 na Península.

Este hospital estará operativo "nos vindeiros días", segundo fontes do Executivo madrileño, centrado agora en preparar toda a loxística que implica a posta en andamento deste servizo sanitario de emerxencia.

A decisión de instalar hospitais de 'campaña', aínda que de menor capacidade que o de Madrid, está a ser valorada tamén por localidades de Asturies, Valencia e Catalunya.
 

Hospital de campaña con máis de 5.500 camas en Madrid para afectadas polo coronavirus
comentarios