Un grupo de empresarios pagan un salario mensual de 20 mil euros a Manuel Valls

En campaña electoral, Ada Colau retratou Manuel Valls como o candidato das elites barcelonesas. E a xulgar polo que publicou esta sexta feira o diario Ara, tiña razón: un grupo de empresarios da cidade páganlle desde o outono pasado un salario mensual de 20 mil euros, o triple do que ingresaba como deputado na Asemblea Nacional francesa. Sen Valls Colau non podería recuncar na Alcaldía.

Valls
photo_camera Valls, durante a campaña

No pasado outono Manuel Valls abandonou o seu escano na Asemblea Nacional francesa para pór rumo ao salón de plenos de Barcelona. Agora sabemos que non o fixo coas alforxas baleiras. De acordo cunha información publicada esta sexta feira, o ex primeiro ministro francés polo Partido Socialista recibe desde entón un salario mensual de 20 mil euros. Os seus financiadores serían un grupo de empresarios da capital catalá.

Foi o propio Valls, quen concorreu á carreira electoral co apoio de Cs e nunha plataforma cidadá que en teoría ía alén dos lindes da formación laranxa, quen pediu aos seus patrocinadores unha soldada mensual.

A operación Valls saldouse cun fracaso relativo: ficou lonxe de conseguir a alcaldía, mais os seus votos tórnanse agora clave para as aspiracións de Ada Colau a reter o bastón de mando. 

Valls afirma que dará os seus tres votos —os outros tres son de Ciudadanos, que non apoia Colau— en troca de nada. ERC, por contra, afirma que Valls nunca fai nada en troca de nada.

Comentarios