Un grande incendio na illa da Palma, nas Canarias, calcina case 4.700 hectáreas

De acordo con autoridades locais, o incendio entrou este domingo nos límites do Parque Nacional de Caldera de Taburiente. Nese lugar traballan nove helicópteros e dous hidroavións na súa contención, ademais de efectivos de diversas axencias.
Unha casa no municipio canario de Pntagorda afectada polo incendio (Foto: Europa Press).
photo_camera Unha casa no municipio canario de Pntagorda afectada polo incendio (Foto: Europa Press).

Un total de 4.255 habitantes foron evacuados na illa da Palma, arquipélago de Canarias, debido ao incendio forestal que comezou a propagarse na fin de semana e xa devastou unha área superior ás 4.675 hectáreas.

De acordo con autoridades locais, o incendio entrou este domingo nos límites do Parque Nacional de Caldera de Taburiente. Nese lugar traballan nove helicópteros e dous hidroavións na súa contención, ademais de efectivos de diversas axencias.

O avance das chamas retardouse na madrugada pasada polo cambio nas condicións meteorolóxicas, pero o fogo “segue sen control” e reactivouse na parte alta do municipio de Tijarafe, ao oeste da illa, onde podería afectar vivendas.

Perto dun centenar de efectivos fan fronte ao incendio nesa área, aínda que en total participan nos labores 300 efectivos e 11 aeronaves.

Segundo reportes de prensa, os evacuados residen nas localidades de Puntagorda e Tijarafe, ao noroeste, mentres que máis de cen persoas permanecen albergadas en dous refuxios habilitados.

Nun vídeo difundido a través da rede social Twitter, o presidente do Cabildo da Palma, Sergio Rodríguez, pediu a colaboración da poboación para evacuar.

Subliñou que se a xente se comporta de maneira disciplinada, as forzas que fan fronte ás chamas poderán enfocarse mellor en controlalas e non se distraerán en rescatar a veciños que, a pesar dos avisos, quedaron nas súas vivendas.

Causas descoñecidas

As causas que orixinaron o fogo son descoñecidas polo momento. En declaracións a unha televión local, o ministro de Industria, Comercio e Turismo, Héctor Gómez, afirmou que non se dispón de información "que nos leve a pensar na orixe, se foi ou non provocado", aínda que admitiu que a rexión afronta temperaturas récord e seca debido ao cambio climático.

Así mesmo, o Goberno canario decretou este domingo situación de alerta ás illas de Hierro, A Gomera, A Palma, Tenerife e Gran Canaria, desde a cota 400 sobre o nivel do mar, por perigo de incendios forestais.

Comentarios