Francia restrinxirá o acceso á cidadanía na súa colonia de Mayotte

77% do territorio vive baixo o limiar da pobreza.
O titular de Interior francés, Gérald Darmanin, a finais de 2023. (Foto: Alexis Sciard / Europa Press / Contacto)
photo_camera O titular de Interior francés, Gérald Darmanin, a finais de 2023. (Foto: Alexis Sciard / Europa Press / Contacto)

Logo de aterrar na illa de Mayotte, unha colonia francesa no océano Índico, o ministro de Interior, Gérald Darmanin, presentou un plan de reforma constitucional para que o nacemento no territorio non supoña a obtención da cidadanía de Francia, algo que se limitará a fillas e fillos “dun pai francés”, recolleu na madrugada de hoxe o xornal The Guardian.

Tanto forzas conservadoras como de extrema dereita reclamaron rapidamente que a medida se aplique en todo o Estado, ao tempo que foi criticada polas formacións progresistas. Manon Aubry, eurodeputada da Francia Insubmisa, acusou o presidente Emmanuel Macron de estar a “atacar o concepto mesmo de nacionalidade, a base da República”.

A proposta de Darmanin chegou despois de protestas en Mayotte que se estenden desde comezos de xaneiro, con cortes de estrada para denunciar o incremento da inseguridade e a crise migratoria. Até 77% da poboación de Mayotte vive baixo o limiar da pobreza e arredor da metade dos máis de 300.000 habitantes non ten nacionalidade francesa.

Comentarios