Falece o ex primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi

Ocupou o cargo en até tres ocasións.
O ex primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi (Foto: picture alliance / dpa).
photo_camera O ex primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi (Foto: picture alliance / dpa).

O ex primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi faleceu na mañá desta segunda feira ao 86 anos de idade após unha leucemia crónica coa que viña loitando desde hai anos. Ocupou o cargo de primeiro ministro en até tres ocasións.

O líder do partido Forza Italia foi ingresado no hospital San Raffaele de Milán o pasado 9 de xuño, despois de que o mesmo centro lle dese a alta o 19 de maio tras 45 de internamento.

Naquela altura, a súa hospitalización produciuse por mor dunha infección pulmonar. Posteriormente, deuse a coñecer que Berlusconi padecía leucemia.

A saúde do político deteriorouse nos últimos anos: foi sometido a unha cirurxía cardíaca en 2016, tivo un cancro de próstata e foi hospitalizado en reiteradas ocasións despois de contraer a Covid-19 en 2020.

O magnate Berlusconi fixo a súa fortuna a través das súas canles de televisión e alcanzou fama internacional como propietario do campión de fútbol europeo AC Milan. Nos anos 90 ingresou á política e encabezou varios gobernos en 1994-1995, 2001-2006 e 2008-2011.

En 2011, renunciou ao cargo de primeiro ministro despois de que Italia se vise mergullada nunha crise de débeda e el mesmo nun cúmulo de escándalos.

En 2022, Berlusconi gañou un escano no Senado nas eleccións xerais decorridas o 25 de setembro e puido regresar á cámara lexislativa da que fora expulsado facía case unha década tras ser condenado a catro anos de prisión por fraude fiscal.

Comentarios