luns 29/11/21

Evo Morales: "Equivócanse ao tentar amedrentarnos e someternos"

O presidente boliviano partirá finalmente desde Austria camiño da Paz após o Estado español autorizar que o avión presidencial sobrevoe o seu espazo aéreo argüíndo que "a prensa molestaba moito", segundo asegurou o propio Morales

Evo Morales no aeroporto de Viena
Evo Morales no aeroporto de Viena

O mandatario latinoamericano asegurou en declaracións aos medios de comunicación desde o aeroporto de Viena (Austria) que a decisión adoptada polo Estado español, Francia, Portugal e Italia "son políticas represivas" que procuar "amedrentarnos e someternos". Evo Morales, afirmou con rotundidade que a súa retención en Austria --que tildou de "agresión"-- non supón unha "provocación" á súa persoa senón "a Bolivia e Latinoamérica". 

Porén, o líder boliviano asegurou que "se equivocan" aqueles Estados que actúan "subordinados aos intereses dos EUA" pois non conseguirán", dixo, "amedrentarnos e someternos". 

O embaixador español asegurou ao cónsul boliviano que autorizaban o voo do presidente "porque a prensa molestaba moito"

"Temos dereitos", sentenzou o mandatario quen apelou ao cumprimento e respecto "das normas internacionais" que recollen a inmunidade e inviolabilidade dos xefes de Estado. Neste senso, Morales asegurou que o embaixador español en Austria mesmo tentou "revisar" o avión presidencial argüíndo "razóns técnicas", unha decisión que vulnera as normas internacionais tentando, dixo, "impor formas de control". 

Para Evo Morales, os gobernos español, francés, italiano e portugués "deberán explicar" as razóns desta agresión.

Evo Morales: "Equivócanse ao tentar amedrentarnos e someternos"
comentarios