Estiman en 7 millóns os contaxios no Estado español

No Estado español habería 7 millóns de persoas contaxiadas por coronavirus, segundo un estudo do Imperial College. A diferenza cos datos que publica o Ministerio de Sanidade deberíase a que no Estado non se están a realizar tests masivos. Estímase tamén que as medidas de isolamento social terían salvado 16.000 vidas desde a chegada da crise. 
Probas médicas a unha paciente de coronavirus (Imaxe: Hospital Arnau)
photo_camera Probas médicas a unha paciente de coronavirus (Imaxe: Hospital Arnau)

Unha análise realizada polo Imperial College de Londres (Reino Unido) estima que foron infectadas por coronavirus entre 7 e 43 millóns de persoas nos 11 Estados europeos con máis casos até o 28 de marzo (Austria, Bélxica, Dinamarca, Francia, Alemaña, Italia, Noruega, España, Suecia, Suíza e Reino Unido).

No Estado español estarían infectadas 6,99 millóns de persoas. Segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade esta cuarta feira, 1 de abril, no Estado supéranse os 100 mil casos positivos, unha cifra moi afastada das estimacións do Imperial College.

As investigadoras explican esta gran diferenza debido á limitada capacidade de realizar probas diagnósticas en España e a que moitos dos casos, ao seren asintomáticos, non son detectatados, xa que non se realizan tests masivos á poboación. España sería o Estado con máis casos positivos.

Comentarios