Estados Unidos endurece a súa política contra Cuba e sanciona o presidente Díaz-Canel
Estados Unidos dá un paso máis na súa guerra económica e política contra Cuba e impón sancións ao presidente cubano Miguel Díaz-Canel Bermúdez, a outros membro do seu Goberno e a diversas empresas da illa.
A pasada sexta feira, o secretario de Estado de Estados Unidos, Marco Rubio, anunciou sancións directas contra o mandatario cubano Miguel Díaz-Canel e a súa familia, a quen prohiben o acceso a territorio estadounidense.
O Goberno de Donald Trump impón as mesmas sancións ao ministro das Forzas Armas Revolucionarias de Cuba, Álvaro López Miera, e ao titular do Ministerio de Interior, Lázaro Álvarez Casas.
A Administración estadounidense sinala, no comunicado feito público polo seu departamento polo Departamento Estado están a "tomarse medidas para impor restricións de visa a numerosos funcionarios xudiciais e penais" pola súa ligazón co réxime revolucionario.
Reforzar o bloqueo
A economía cubana é outro dos obxectivos das sancións impostas polo Goberno estadounidense, incorporando como propiedades restrinxidas e aloxamentos prohibidos en Cuba 11 estabelecementos hostaleiros, algúns deles de titularidade pública e outros de propiedade mixta.
A medida chega tras anunciar o presidente estadounidense Donald Trump o pasado 30 de xuño a decisión do seu Gabinete de endurecer o bloqueo contra Cuba, concretado nun novo paquete de sancións que afecta especialmente ao sector do turismo, un dos grandes motores económicos da illa.
O documento publicado polo Administración estadounidense asegura que o obxectivo desas propostas é por fin " ás prácticas económicas que benefician desproporcionadamente ao Goberno, ás forzas armadas e ás axencias de Intelixencia ou de seguridade cubanas".
A resposta cubana
A decisión do Goberno de Estados de Unidos de impor estas novas sancións a Cuba foi respondida nas redes sociais polo titular de Exteriores cubano, Bruno Rodríguez, quen rexeitou as medidas contra Díaz-Canel, López Miera e Álvarez Casas.
Bruno Rodríguez afirmou que "Estados Unidos é capaz de impor sancións migratorias contra dirixentes revolucionarios e de manter unha guerra económica prolongada e desapiadada contra Cuba, pero non ten a capacidade de dobregar a vontade deste pobo nin dos seus dirixentes".