O Estado español disposto agora a apoiar un terceiro rescate a Grecia

O ministro De Guindos tampouco pecha as portas a unha reestruturación da débeda, algo que o goberno alemán vén de reiterar que “non contempla”.

Luis de Guindos, ministro español de Economía
photo_camera Luis de Guindos, ministro español de Economía

O Estado español está disposto a negociar un terceiro rescate para Grecia, o que supón un cambio a respecto das declaracións e afirmacións que na última semana realizara o presidente español, Mariano Rajoy, nas súas referencias a Grecia e o referendo. O ministro de Economía, Luis de Guindos, asegurou esta segunda feira que o Estado español está aberto a negociar un terceiro rescate para o país heleno. Ademais, o ministro subliñou a contade de que Grecia sega a formar parte do euro malia o resultado do referendo do domingo.

Porén, o goberno alemán, ao contrario que o español, descarta un terceiro rescate para Grecia mais ofrécese a negociar. Un voceiro do ministro de Finanzas, Wolfgang Schäuble, explicou á axencia Reuters, que a posibilidade de perdoar parte da débeda non estaba na axenda.

Esta segunda feira A. Merkel e F. Hollande van realizar unha xuntanza, reunión na que a cuestión grega vai ter unha gran importancia. Para mañá, terza feira, está convocada unha cita do Euro-grupo para analizar a ‘crise’ e que se prevé de gran importancia para o futuro de Atenas e da zona euro.


 

Comentarios