O Estado español, á cabeza dos compradores de gas natural licuado de Rusia

Moldova veta o acceso a 31 medios en ruso.
Planta regasificadora en Sagunt, no País Valencià, en outubro. (Foto: Rober Solsona / Europa Press)
photo_camera Planta regasificadora en Sagunt, no País Valencià, en outubro. (Foto: Rober Solsona / Europa Press)

A pesar das restricións impostas pola Unión Europea (UE) no marco da guerra en Ucraína á importación de gas natural ruso provinte de gasodutos, a falta de sancións dirixidas ao gas natural licuado, que se traslada por mar, está sendo aproveitada especialmente polo Estado español, que en comparación co ano pasado elevou as compras 50%, informaron hoxe medios internacionais.

En 2023, o Estado liderou as importacións deste tipo no bloque comunitario, con 5.210 millóns de metros cúbicos, moi por riba de Francia e Bélxica, o único país que rexistrou unha alza semellante.

Moldova veta os medios en ruso

Poucos días antes das eleccións locais en Moldova, que decorrerán o 5 de novembro, o servizo secreto do país, gobernado por unha formación conservadora próxima á UE, bloqueou o acceso por internet a 31 medios en ruso posto que os seus contidos “poden xerar tensións ou conflitos sociais”. A UE xa aplicou medidas semellantes acusando os medios rusos de desinformación.

Comentarios