Disolver o Parlament ou substraerlle algunha das súas competencias tamén podería ser rebelión

A mesma lóxica que leva o fiscal xeral do Estado a se querelar contra Puigdemont por rebelión podería ser invocada para denunciar Rajoy por idéntico delito.

Puig
photo_camera Puigdemont no momento de votar a DUI

A declaración de independencia é susceptíbel de ser considerada delito de rebelión (ponto 5, artigo 472 do código penal español).


Mais tamén é denunciábel por rebelión aquilo que se recolle no ponto 4 dese artigo, o referido á disolución de cámaras lexislativas.

Sería rebelión, de acordo con ese ponto, "disolver as Cortes Xerais, o Congreso dos Deputados, o Senado ou calquera asemblea lexislativa dunha comunidade autónoma, impedir que se reúnan, deliberen ou resolvan, arrancarlles algunha resolución ou substraerlles algunha das súas atribucións ou competencias".

Porén, nen no caso do Govern nen no do Estado se pode falar en puridade de rebelión porque nen o gabinete de Puigdemont nen o de Rajoy empregaron a violencia para declarar a independencia ou activar o 155.

Embora non utilizar a violencia, o Estado si utiliza a forza dos seus aparatos represivos, desde o poder xudicial até a toma de control dos Mossos d'Esquadra para facer efectiva a suspensión da autonomía catalá.

O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, si denunciou o Govern e a Mesa do Parlament por rebelión e obviamente non se agarda que faga o propio co Consello de Ministros español.

Neste sentido, cumpre lembrar que o fiscal xeral do Estado foi nomeado directamente polo Consello de Ministros sen necesidade de ningún tipo de referendo parlamentar.

Comentarios