Nove días (e noites) de carreira por un idioma bretón “vivo e dinámico”

Ar Redadeg percorre 1.600 quilómetros polos cinco departamentos de Bretaña para recadar fondos destinados a financiar iniciativas e proxectos a prol do idioma.

bretón breizh

'Ar Redadeg' ten xa en marcha unha nova edición. A carreira que durante 9 días (coas súas correspondentes noites) percorre Bretaña para recadar fondos cos que financiar proxectos e iniciativas de apoio e dinamización do idioma bretón. A carreira partiu de Nantes e finalizará o 9 de maio en Lokoal-Mendon após percorrer os 5 departamentos do país bretón.

O financiamento obtense mediante a venda de 'quilómetros'. A 100 euros para particulares e colectivos e asociacións. A 200 euros o quilómetro para concellos e empresas. E son 1.600 quilómetros de carreira. Na edición anterior, 2014, pois son bianuais; recadáronse 165.000 euros. Deles, 40.000 reserváronse para organizar a carreira de 2016 e os 125.000 restantes foron para as 'Diwan', as escolas de inmersión lingüística en bretón.

Os miles de participantes na iniciativa corren determinados tramos da carreira, pasando un testemuño que simboliza “a transmisión dunha lingua bretoa viva”.

Comentarios