Que Estados se manifestaron en contra de acabar co bloqueo contra Cuba?

A resolución presentada por Cuba foi aprobada pola Asamblea Xeral da ONU.
Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas en Nova York. (Foto: Europa Press / Contacto / Wang Ying)
photo_camera Asemblea Xeral da Organización das Nacións Unidas en Nova York. (Foto: Europa Press / Contacto / Wang Ying)

A resolución presentada por Cuba ante as Nacións Unidas (ONU) para pedir o fin do bloqueo económico, comercial e financeiro imposto polos Estados Unidos de América foi aprobada esta quinta feira pola Asemblea Xeral da organización con 187 votos a favor.

O texto, apoiado por trixésima primeira ocasión, recibiu dous votos en contra (dos Estados Unidos de América e de Israel), mentres que tan só un Estado se abstivo (Ucraína).

A resolución recoñece o cerco como o elemento central da política dos Estados Unidos cara a Cuba por máis de seis décadas. Os seus efectos non cesaron nin un só día e son coñecidos polo 80% da poboación da illa.

Os danos provocados por esa política entre o 1 de marzo de 2022 e o 28 de febreiro de 2023 ascenden a 4.867 millóns de dólares e as afectacións polo compendio de medidas ultrapasan os 405 millóns mensuais, o que equivalen a un millón de dólares cada dúas horas.

O reporte presentado á Asemblea Xeral polo secretario xeral da ONU, António Guterres, recoñece a continuación desta política contra Cuba. De acordo co informe, a situación do país caribeño non fai máis que confirmar a necesidade de desmantelar as medidas coercitivas unilaterais, que socavan os dereitos soberanos, a preservación dos dereitos humanos e o logro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.

Máis en INTERNACIONAL
Comentarios