Bruxelas e Madrid pagan 550 millóns de euros a Mauritania para frear as migracións

4.000 falecementos na ruta desde 2014.
U. Von der Leyen, P. Sánchez e M. Ould Ghazuani, hoxe en Mauritania. (Foto: Borja Puig de la Bellacasa / Moncloa)
photo_camera U. Von der Leyen, P. Sánchez e M. Ould Ghazuani, hoxe en Mauritania. (Foto: Borja Puig de la Bellacasa / Moncloa)

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e o seu homólogo español, Pedro Sánchez, e mauritano, Mohamed Ould Ghazouani, reuníronse hoxe en Nouakchott, a capital de Mauritania, no anuncio dun paquete de 550 millóns de euros destinado ao país africano para que impida a saída de persoas migrantes desde as súas costas.

250 millóns serán achegados por Bruxelas e arredor de 300 polo Estado español, que sostén que permitirán impulsar especialmente a industria do hidróxeno verde no territorio. Até 83% das máis de 7.000 persoas migrantes que chegaron ás Illas Canarias en xaneiro procedían de Mauritania.

Desde 2014 máis de 4.000 persoas migrantes morreron ou desapareceron na ruta migratoria cara ás Illas Canarias, desvelan os datos da Organización Internacional para as Migracións. Na última década, a Unión Europea consolidou unha estratexia de xestión migratoria baseada na externalización, para que sexan países como Turquía, Marrocos, Tunisia ou Libia os responsábeis de frear as migracións a cambio da entrega de importantes sumas de diñeiro.

Comentarios