Bélxica non desbota conceder asilo político a Puigdemont

O ministro belga de Inmigración afirma que “non é algo irreal” que se dea a posibilidade.

theo
photo_camera Theo Franken

Bélxica considera factíbel a posibilidade de conceder asilo político a Carles Puidgdemont. Así o indicou o ministro belga de Inmigración, o flamengo Theo Francken, que non desbotou esta opción de o demandar Puigdemont ante a posibilidade de non reibir “un xuízo xusto”. En declaracións á cadea belga VTM, o ministro di que este escenario “non é algo irreal”.

“Está claro que iso nos levaría a unha situación diplomática co goberno español”, recoñece o ministro, que insiste en que, “por lei”, é posíbel solicitar asilo en Bélxica. En caso de chegar a esta situación e que Puigdemont presente a solicitude, “estudiaríase como todas as solicitudes de maneira obxectiva, correcta e independente”. 

Comentarios