As autoridades exipcias reteñen e retiran o pasaporte a dous galegos que participan na "Marcha a Gaza"

Sin título
Inácio Martínez e Xan Lopes, canda un neto de Nelson Mandela, na "Marcha a Gaza" no control militar exipcio onde están retidos. (Foto: Cedida)

Inácio Martínez e Xan Lopes, canda outras persoas participantes na "Marcha a Gaza" que partiron esta sexta feira desde a cidade exipcia do Cairo cara á localidade de El Airish (Exipto), veñen de ser retidas polas autoridades exipcias.

Martínez indica nunha mensaxe remitida que foron retidos polos soldados exipcios no primeiro punto de control militar que tiñan que cruzar as persoas asistentes a "Marcha a Gaza".

As autoridades exipcias retiraron o seu pasaporte a Inácio Martínez e Xan Lopes que continúan agardando canda os outros participantes na marcha no punto de control militar.  

En Ampliación

Comentarios