O Departamento de Saúde do Goberno Vasco descartou na tarde deste sábado 25 de xaneiro o caso de coronavirus da muller ingresada en Bizkaia.
A muller está actualmente ingresada en réxime de illamento á espera de confirmación. O departamento vasco de saúde xa puxo en marcha un protocolo de actuación e de medidas preventivas, e lanzou unha mensaxe de tranquilidade.
Onte en París e Burdeos confirmáronse dous casos e finalmente houbo un terceiro.
A China confirma o primeiro caso de curación
As autoridades sanitarias da China anunciaron a primeira alta hospitalaria dunha paciente ingresada por coronavirus, confirmándose así o primeiro caso de curación da neumonía que este virus provoca.
Após seis días de tratamento, unha muller chinesa de 56 anos amosou unha mellora significativa da pneuimonía que causa o brote de coronavirus e foi dada de alta do hospital, sendo así o primeiro caso curado.
A Comisión Municipal de Saúde de Shanghái sinalou que dúas análises de sangue independentes para o coronavirus realizadas en Chen, a muller dada de alta, resultaron finalmente negativas, así como as probas pulmonares.
O novo virus xa se cobrou a vida de 41 persoas e deixou centos de contaxios na China. Mentres tanto, o número de cidades pechadas polas autoridades dese Estado debido ao brote creceu na sexta feira, 24 de xaneiro, a 13. Desta maneira, máis de 40 millóns de persoas permanecerán sen poderen das súas localidades nun intento de limitar a propagación do brote do perigoso coronavirus.