Nove activistas mortos en Filipinas tras ordenar Duterte "liquidar" os comunistas

"Esquecédevos dos dereitos humanos", dixo o presidente á Policía.
EuropaPress_2462458_02_november_2019_thailand_nonthaburi_philippines_president_rodrigo_roa
photo_camera O presidente de Filipinas, Rodrigo Duterte, nunha foto de arquivo (Chaiwat Subprasom / SOPA Images)

Polo menos nove activistas morreron nas últimas horas a mans da Policía despois de varias operacións simultáneas nas últimas horas en varias operacións levadas a cabo no norte de Filipinas, tan só dous días despois dun discurso do presidente, Rodrigo Duterte, onde ordenaba ás forzas de seguridade to "matar" e "liquidar" todos os rebeldes comunistas no país. 

Segundo a información da Policía recollida por medios internacionais, foron detidas ademais seis persoas e outras tantas "fuxiron". Ademais, hai orde de detención para 18 persoas.

As mortes, dixeron, producíronse por resistirse ao arresto. Porén, a organización de dereitos humanos Karapatan e o partido Kabataan que se tratara de "execucións". Entre os falecidos está Manny Asuncion, un líder sindical na provincia de Cavite, ás aforas da capital Manila, segundo confirmou a federación de mariñeiros Pamalakaya.

Outros dous sindicalistas, marido e muller, tamén foron abatidos na provincia de Batangas, informou a publicación estudantil UPLB Perspective, da Universidade das Filipinas. O fillo de  Ariel e Chai Evangelista, de 10 anos, permanece en paradeiro descoñecido.

As operacións policiais producíronse tras o discurso de Duterte. "Díxenlle ao Exército e a Policía que de se encontraren nun encontro armado cos rebeldes comunistas, que os maten, que se aseguren de matalos, e liquidalos se estiveren vivos", manifestou nunha xuntanza gobernamental para tratar temas de contraterrorismo. 

"Simplemente asegurádevos de devolver os cadáveres ás súas respectivas familias", dixo, e engadiu: "Esquecédevos dos dereitos humanos. Esa é a miña orde. Estou disposto a ir ao cárcere, ese non é un problema".

"Non teño escrúpulos ningúns en facer as cousas que teño que facer", recoñeceu. E dirixíndose aos guerrilleiros comunistas, afirmou: "Sodes todos uns bandidos. Non tedes ideoloxía. Mesmo a China e Rusia son capitalistas agora". Ao mesmo tempo, prometeulles traballo e vivenda se deixaban as armas. 

Décadas de combates

O Novo Exército do Pobo (BHB) é a guerrilla que desde 1968 leva combatendo contra o Goberno filipino, sendo a rebelión maoísta máis duradeira do mundo. 

Segundo o Exército, o BHB ─brazo armado do Partido Comunista das Filipinas, PKP─ provocou a morte de máis de 30.000 persoas neste tempo. En varias ocasións tentouse alcanzar, sen éxito, un acordo de paz. O seu líder, Jose Maria Sison, está exiliado nos  Países Baixos.

Comentarios