A UE ve ilegal a lei española de desafiuzamentos mentres PSOE e PP acordan mellorala

Os dous partidos acordan consensuar medidas urxentes para este problema e pretenden mesmo aprobala an tes do Nadal. O Tribunal de Xustiza da UE, pola súa banda, vé incompatíbel a lei española de desfiuzamentos coa europea.
Desafiuzamento

O problema dos desafiuzamentos sobordou o eido social até un punto que as dúas principais forzas españolas (PP e PSOE) están a intentar atinxir un acordo para dar algunha solución a este drama. A intención sería consensuar as achegas para que antes do Nadal. Representantes de ambos partidos mantiveron unha xuntanza estes días na Moncloa. na que fixeron unha primeira aproximación.

Concordaron socialistas e populares na necesidade de dar unha resposta urxente, sobre todo para aquelas situacións de "maior vulnerabilidade".

Tanto a vicepresidenta do Goberno como a vicesecretaria xeral do PSOE acordaron que todas as achegas sexan sometidas á avaliación de seis expertos, tres propostos polo goberno popular e outros tres polo PSOE. A finalidade, que se atinxan acordos "co máximo consenso, a maior efectividade e para resolver axiña o drama dos desafiuzamentos".

Diferenzas

A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Juliane Kokott, ditaminou nesta quinta que a lei española de desafiuzamentos vulnera a normativa comunitaria porque non garante unha protección eficaz dos consumidores fronte a posíbeis cláusulas contractuais abusivas nas hipotecas.

A avogada considera que o xuiz pode ter a facultade de suspender a execución forzos dun desafiuzamento até comprobar se unha cláusula contractural é abusiva.

Nesta liña, a norma europea exixe que o e a consumidora poida ter un recurso legal eficaz.

Comentarios