Recollen sinaturas para un partido Galiza-SD Compostela en homenaxe á veciñanza de Angrois

Unha petición en Change.org dirixida ao presidente da Xunta recolle sinaturas a prol dun partido de fútbol amigábel entre a Selección Galega e a S.D.Compostela (en representación d@s veciñ@s de Angrois) en beneficio das vítimas do accidente

"Porque ensalza os valores de todo un pobo, neste caso do pobo galego, a súa solidariedade en momentos de crises, foi sempre un exemplo para todo o mundo. Sen a colaboración dos cidadáns de Angrois, teriamos moitos mais mortos no accidente de tren de Santiago de Compostela". Esa é a xustificación que pon o impulsor da iniciativa de recoller sinaturas dirixidas a Núñez Feijóo.

O motivo? Que se realice un partido de fútbol amigábel entre a selección galega e a Sociedade Deportiva Compostela (que representaría á veciñanza de Angrois). A recaudación iría para as vítimas do sinistro.

A petición, aquí

Comentarios