Concentracións en Vigo contra a privatización da sanidade

Concentracións no Meixoeiro e no Hospital Xeral denunciaron o proceso de privatización do servizo de esterilización e os despedimentos que carrexará a decisión da Xunta, perto de 200 na cidade olívica. As Xuntas de persoal exixiron a demisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. 

2014 02 11 ProtestaPrivatizacionEsterilizacionVigo02.grande
photo_camera [CC BY-NC-SA CIG-Avantar]

Pinga a pinga. Así está a ser o proceso de privatizacións iniciado pola Xunta de Galiza a respeito da sanidade pública, apuntan desde as Xuntas de persoal dos centros hospitalarios de Vigo onde esta terza feira tiveron lugar senllas concentracións d@s traballador@s. 

Os protestos puxeron o acento na privatización do servizo de estirilización hospitalaria. Unha decisión adoptada pola Consellaría de Sanidade e publicada, unicamente, no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE). 

Esta medida, denuncian desde as Xuntas de persoal, "“irá en detrimento da calidade asistencial nos quirófanos" e mesmo podería "supor un incremento das listaxes de agarda". Mais iso, a respeito da prestación @s utentes pois tamén devirá en novos despedimentos entre @s traballador@s, até 200 no caso dos hospitais vigueses. 

Neste senso, as organizacións sindicais reclaman o cesamento das privatizacións e a demisión da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. 

Comentarios