Xefe de policía española: o electricista acusado de roubar o Códice "é pechado, escuro e galego"

O xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, tamén sinalou que o detido agochaba os cartos  "debaixo dos ladrillos, como tod@s @s galeg@". O BNG pedirá explicacións no Congreso ao goberno español por estas declaracións.
photo_camera Debuxo da capa dun libro de 'chistes de gallegos'

Desde aquel 'El gallego es un animal muy parecido al hombre que Dios inventó para alivio del asno" de Mariano José de Larra aos máis recentes exabruptos da líder de UPyD, Rosa Díez, pasaron moitos anos, mais semella que non pasaron os prexuizos. O último exemplo, polo de agora, constitúenas as declaracións esta semana de Serafín Castro, xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, co gallo das detencións polo roubo do Códice Calixtino. Castro afirmou que o presunto autor do roubo do Códice Calixtino,  "é un home de carácter, pechado, oscuro e galego" e que acumulaba os cartos “debaixo do ladrillo, como todos os galegos".

Xenofobia e racismo

O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Camara na que pide ao Goberno español explicacións polas "xenófobas e racistas declaracions do Xefe de Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta, Serafin Castro, sobre os galegos".

Jorquera considera que este tipo de declaracions non se deben permitir nun funcionario do Estado que debe amosar respecto e debe evitar afirmacións que ridiculicen ou se burlen dun pobo ou de determinadas persoas.

'Ni negro, ni perro, ni mozo gallego', un refrán que aínda pervive en sitios da Meseta

Longa tradición

Desde Castelao nalgunhas follas do 'Sempre en Galiza' até Miguel A. Murado en capítulos de 'Otra idea de Galicia', non son poucos os e as autoras que teñen abordado a visión existente en España d@s galeg@s. En España hai unha longa ringleira de refráns, frases e 'dichos' sobre o carácter ou persoalidade d@s galeg@s. Desde aquel refrán de 'Ni negro, ni perro ni mozo gallego' (os ingleses decían a respecto das e dos  irlandeses: 'No black, no dog, no irish') que os que ían á seitura en Castela escoitaban nas vilas da chaira; até o de 'gallego si no te atreves' que en Madrid era moeda común para chamar a alguén covarde. Por non esquecer as definicións de galego en dicionarios españois.


Comentarios