No Sermos Galiza número 15 ...

Para este número 15 do semanario quixemos facer algo especial. Elaboramos un informe de todo o que Feijóo desfixo nestes anos de mandato na Xunta (e atopamos moito!!!) e descubrimos as incógnitas para unha campaña electoral que xa temos enriba

Para este número 15 do semanario quixemos facer algo especial. Elaboramos un informe de todo o que Feijóo desfixo nestes anos de mandato na Xunta (e atopamos moito!!!) e descubrimos as incógnitas para unha campaña electoral que xa temos enriba. Falamos do diñeiro negro que se move no país a través da fraude fiscal e entrevistamos a Guillerme Vázques, portavoz nacional do BNG.

Realizamos unha sintese do que sucedeu o 11 de setembro en Barcelona, un país que camiña cara a súa independencia, e levamos a Okapi de visita por Porto. Como recomendación para viaxar pola nosa terra seguimos a falar dos Ancares e en deseño afondamos na obra da coruñesa María Barros.

Entrevistamos á produtora Sara Horta e en opinión contamos coas aportacións de Rubén Cela, Victorino Pérez Prieto, Carlos Quiroga, Xavier Queipo e Estíbaliz Espinosa. En deportes lembramos a quinta vitoria consecutiva da traiñeira galega na bandeira da Concha.

Tamén poderás gozar coas crónicas de literatura, cine e música. E moitas máis cousas... que atoparás no quisque.

Comentarios