Matalobos despídese da grella como líder de audiencia e Trending Topic

A serie Matalobos puxo fin a catro anos de culto.

Após cinco temporadas, a serie Matalobos --producida por Voz Audiovisual e a Televisión de Galiza-- puxo punto e final á historia de Sardiñeira. A serie deixa tras de si máximos históricos de audiencia para a televisión pública e longas ringleiras de siareir@s que seguiron durante catro anos as historias da familia Matalobos.

Os narcos con máis sona de Galiza, despedíronse a pasada terza feira do público galego que @s agasallou cun Trending Topic no seu último capítulo. Após Mareas Vivas, Matalobos converteuse nunha das series máis exitosas da grella televisiva, motivo polo cal a TVG decidiu emitir un programa especial despois do último capitulo.

Comentarios