Ferrol alumea de fachos e cabazas na defensa do naval e contra a 'hipocresía' do PP

Cabazas, velas, fachos... a noite alumeou na Praza de Armas na 'vixilia' convocada para defender o presente e futuro da comarca e lembrar a Concello, Xunta e goberno central que son responsábeis diectos do declive de Ferrolterra.

ferrol naval

A Praza de Armas alumeada por fogueiras, velas, fachos e mesmo cabazas. Centos de ferroláns asistiron á convocatorio de 'Ferrolterra exixe solucións' para defender o sector naval e un futuro para a comarca. Crianzas e maiores, de Ferrol e outras vilas da comarca... a 'vixilia' foi un punto de encontro para dicir que non hai resignación posíbel. DE baixar os brazos, nada.

Houbo berros contra o PP.  E música. A Praza de Armas cantou a Rosalía e 'Negra Sombra' e a Zeza Afonso e os 'Vampiros

Había traballadores do naval, familiares e simples cidadáns. Reunidos porque están fartos de mentiras e falsas promesas. Houbo berros acusatorios ao PP, que goberna no Concello, na Xunta e en Madrid. Polo que ten todo o poder posíbel. Por iso o “lavado de imaxe” (segundo definiron os propios operarios de Naval) do PP da comarca indo a Madrid a protestar é sentido como un insulto.

María Manoela, unha voz histórica da canción galega desde aquel 'Idioma Meu', cantou na 'vixilia' en apoio aos traballadores.

Carga da dignidade

Horas antes da 'vixilia' e na galería Sargadelos de Ferrol a presentación dunha curta/documental titulado “Carga de dignidade", de Bocixa. En xuño de 2013, colectivos culturais, sociais e políticos de Ferrolterra encheron a reixa de Navantia de prendas de roupa imitando as fundas penduradas meses antes por traballador@s do naval reclamando emprego. 'Radio Buguina' convocou a acción protesta e artística recollida por Tingalaranga nesta pelicula de 30 minutos realizada por Bocixa en dúas xornadas reivindicativas. O filme fará que perdure aquela acción cargada de dignidade.

Comentarios