O exército español cobra 570.000 euros da Xunta por vixiar os montes na campaña anti-incendios

Despregará 25 patrullas terrestres de militares  equipos de mantemento móbil no marco da campaña de alto risco de lumes forestais.

Exército nos montes galegos

Vintecinco patrullas terrestres de militares do Exército español patrullarán os montes galegos desde agora e até setembro, no marco da campaña de alto risco de incendios forestais. Unhas operacións de vixiancia, disuasión e control na que estas patrullas estarán acompañadas de de quipos de mantemento móbiles. Por estas tarefas o exército español cobrará da Xunta de Galiza un total de 569.195 euros, en virtude do convenio que en breve vai asinar coa Consellería de Medio rural.

Un convenio, no marco da ‘Operación Sentinela’ que se rubrica anualmente entre Xunta e exército español, e polo que a institución militar percebe ada campaña máis de medio millón de euros. Se este ano esa cifra abeira os 570.000 euros, en 2014 a cifra fora de 575.000 e no exercicio anterior, 2013, uns 560.000 mil. 

"Improvisación"

Nesta mesma semana, catro organizacións sindicais -CIG, CCOO, UXT e CSIF- denunciaron "a improvisación" coa que entenden que se actúa en materia de incendios forestais por parte da administración. Nun comunicado conxunto informan, entre outras cuestións,que  "o dispositivo contra-incendios está mermado, non se cubren as xubilacións, nin as baixas, nin as vacantes", asi como "a política errática na xestión que o Goberno autonómico está usando para contratar os medios aéreos de loita contra incendios".

Comentarios