Esta sexta, máis un Sermos no quiosque!

Esta semana cun especial sobre o Día da Galiza Mártir ademais das seccións habituais.

No número once de Sermos Galiza dedicamos un especial de 12 páxinas ao Día da Galiza Mártir con textos de Uxío-Breogan Diéguez Cequiel, David Otero e Xoán Carlos Garrido. Ademais entrevistamos a Amalia Bóveda e publicamos un texto inédito de Ben Cho Sey.

Esta semana revisamos a reforma lexislativa que quere realizar o PP para controlar o Parlamento galego e na crónica política a rebelión municipal ás políticas de recortes. Entrevistamos a Isabel Rauber. Falamos de Zara e o seu imperio e dos recortes de FEVE que poñen en perigo o fuuro da Mariña e a comunicación de todo o norte do país.

A nivel internacional tratamos o Mercosur e en Deportes repasamos como foron as Olimpíadas a nivel galego cos mellores resultados da nosa historia.
En Cultura falamos da situación do teatro galego e en Andar a Terra viaxamos á Costa da Morte e co Okapi revisitamos a tradución de Miguel Strogoff de Ánxela Gracián. A entrevista da contra é para Najla Shami.

Comentarios