E pasiño a pasiño... chega o Sermos Galiza número 14!

Neste Sermos abrimos cunha completa reportaxe de como en tres anos e medio se quixo estragar na Galiza un dereito universal: a educación.

Esta sexta xa podes ler un novo número do Sermos Galiza, o 14. Nel tratamos a fondo que foi da educación pública no noso país nestes tres anos e medio de mandato de Feijóo. Os responsábeis dos ataques a un dereito universal e damos voz aos decididos e decididas a impedilo. Mestres, alumn@s, familias... Na defensa dun ensino galego, público e de calidade. Cando añgúns crían que era un lema obsoleto e dacudo volve se facer, como o respirar, imprescindíbel.

En crónica política, analizamos por qué Feijóo non pode disimular o medo. Sabe complicada a reelección e en base a iso prepara a campaña. Tamén abordamos os movementos políticos nesta precampaña. Pero o Sermos número 14 tamén analiza a sanidade, aborda por que ten o pobo que pagar a factura dunha festa que fixeron outr@s ('débeda ilexítima') e qué baza quere xogar Xunta e NGB para desactivar o conflicto das preferentes.

En memoria histórica entrevistamos a Dionisio Pereira, e en cultura María Reimóndez fala con Arundhati Roy. E máis entrevistas, a Samo L. Paris, poeta e membro de Terbutalina.

Como non, Okapi non falta á cita. Desta volta, aborda os monicreques que desembarcan en Compostela.

Tamén poderás gozar coas crónicas de literatura, cine e música. E viaxar pola Terra da man do colectivo Xea, que nos leva até Os Ancares.

 E non te esquezas de botarlle un ollo á reportaxe de por que Galiza está a perder o tren e con el un sistema de transporte sostíbel e público.

E moitas máis cousas... Xa cho dixemos, Pasiño a pasiño faceos o camiño e chegamos ao número 14. É un pracer que nos acompañes.

Comentarios