Detidas catro persoas en Vigo por orde da Audiencia Nacional

As detencións iniciáronse o sábado no parque de Castrelos (Vigo), arestora continúa aberta a operación. 

Segundo informaron diversas fontes, até catro persoas foron detidas en Vigo nunha "operación" desenvolvida conxuntamente pola policía española e a garda civil. Aliás, desenvolvéronse sendos rexistros domiciliarios polo que, segundo fontes policiais "non se descartan máis detencións".

As axencias de noticias, recollían esta mañá que a operación podería estar dirixida pola Audiencia Nacional, de xeito, que as persoas arrestadas serían trasladadas a Madrid nas próximas horas para prestaren declaración.

A policía española di tratarse dunha “operación contra a contorna do independentismo” e as principais cabeceiras da prensa galega facíanse eco da mesma coma se dun filme policial se tratase. A proximidade dos comicios favorece o uso propagandístico deste tipo de acontecementos e alimenta páxinas de xornal cargadas de sensacionalismo "antiterrorista". 

Comentarios