“As consecuencias da senteza serán graves”

A profesora da Facultade de Dereito da USC considera que as consecuencias da sentenza serán graves. Transmite impunidade para as empresas armadoras, resulta contraditoria na valoración da responsabilidade dos cargos políticos e saiu cara ás arcas públicas. 

A profesora Alba Nogueira elabora unhas “notas de urxencia” arredor da sentenza emitida hoxe pola Audiencia Provincial nas que cualifica de graves as súas consecuencias. Trátase, segundo di no artigo, dun “peche en falso” do xuizo ao máis importante delito ecolóxico dos últimos anos. 

Como consecuencias sinala, en primeiro luga,r que se está a mandar “unha mensaxe de impunidade total para as empresas armadoras en relación co estado dos buques que fletan”. Por outra parte, a absolución obriga “a devolver os 22 millóns de euros que a aseguradora da armadora tiña consignados, e daba por perdidos, para pagar posibeis responsabilidades”.  Significa, polo tanto, que as indeminizacións e a reparación do dano ambiental realizados no seu día correron a cargo das arcas públicas. A sentenza peta na liña de flotación tamén da avogacía do estado e a  fiscalía”. 

Comentarios