CICLO FAGAMOS CONTAS

Un ciclo de Galiza Sempre fai balanzo de que supuxo a etapa autonómica para o país

Do 26 de marzo ao 26 de abril economistas, sociólogos, lingüistas e activistas, entre outros, botarán contas nunhas xornadas da Fundación Galiza Sempre sobre que supuxo a autonomía para Galiza. Na economía, no benestar, na cultura, na xestión do territorio...

bandeira autonomica galega

O ciclo ‘Fagamos contas. 35 anos de autonomía, como nos foi?’ comenzará o vindeiro 26 de marzo e prolongarase até o 26 de abril. Un ciclo organizado por Galiza Sempre e que deita a ollada sobre a etapa autonómica e as súas consecuencias para o noso país. Unha análise no que a través de debates e mesas temáticas amplíase o foco para abranguer a maior visión e coñecemento posíbel. Falarase de economía, de cultura, de benestar. Tamén de territorio e de demografía, de que proxecto de país segue en pé, do común e do público, dos concellos...

As xornadas comezarán o 26 de marzo en Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia. Sob o lema ‘Territorio e Demografía’ falarase de ordenación territorial, do avellentamento e despoboamento do rural, da ordenación urbanística e territorial, entre outras moitas cuestións. Guillerme Vázquez (presidente de GS) será quen presente un acto no que intervirán María Dolores Puga (científica titular do Instituto de Economía, Xeografía e Demografía do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do Consello Superior de Investigacións Sociais e Científicas (CSIC) e Rubén Lois (catedrático de Análise Xeográfica Rexional e coordinador do GI-1871 (Grupo ANTE – Análise Territorial) da USC.

‘Autogoberno’ é o título do seguinte debate, que decorrerá na Coruña, o 9 de abril e na Facultade de Socioloxía. Ana Bouza (vicepresidenta GS) presentará un acto no que Carlos Aymerich e Francisco Jorquera falarán sobre a recentralización do Estado, a ‘rexenionalización’ de Galiza, os límites do modelo autonómico...

Unha semana despois, e de volta en Compostela (Galería Sargadelos), decorrerá a mesa sobre Benestar. Será o 16 de abril. Falarán Goretti Sanmartín, do padroado da Fundación Galiza Sempre, Luísa González (vogada do CIM de Ribadeo e presidenta do Observatorio da Mariña pola Igualdade) e Luís Villares (Xuícez para a Democracia). A seguinte mesa será ‘Economía e Industria’, en Ferrol (na galería Sargadelos, o 22 de abril). Dbaterase de dependencia orzamentaria da Xunta e sometemento aos criterios de política económica de Bruxelas e Madrid., da ausencia de sector público galego e de axencia tributaria propia.de balanzas fiscais... Tomarán parte Iván Rivas Rico. Candidato do BNG-Asembleas Abertas á alcaldía de Ferrol), Pepe Díaz (especialista no sector naval, mercado de traballo, sector enerxético e fiscalidade) e Carme Adán Villamarín. (deputada no Parlamento Galego polo BNG, portavoz na Comisión de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo).

O Auditorio da biblioteca de Carballo será o escenario no que decorrerá a seguintea xornada do ciclo, ‘Lingua e Literatura’, o día 28. Contidos: Evolución sociolingüística. Balance dos modelos impostos pola Xunta no ensino vs. "inmersión" lingüística, eficacia do discurso do nacionalismo sobre a lingua, febleza estrutural do sistema cultural galego...Intervirán Nel Vidal (técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Presidente da Coordinadora de Traballadoras/es pola Normalización Lingüística). Marta Dacosta. (escritora e profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio) e .Marcos Maceira (portavoz da Plataforma Queremos Galego e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística).

Comentarios